WEBs DE INTERÉS. Haz clik sobre ellas...

14/15 LADESOL



PROXECTO LADESOL

Na nosa fundación 'Lazos de Solidariedade' as propostas que facemos abranguen moitas actividades e implican a todos os alumnos do colexio. Dende a venda de bocadillos levada a cabo polos alumnos de 1º de Bacharelato, o 'Punto Solidario' no que os mozos de primaria e os dous primeiros anos da ESO mesturan deportes e xogos tradicionais, de forma que reciben puntos que trocan por diñeiro, ata a venda de bolígrafos levada a cabo este ano polos profesores, as formas nas que pode axudar a xente neste gran proxecto son moi variadas.

Pero a máis agardada durante todo o ano é o noso 'Festival LADESOL', que inclúe espectáculos de maxia, bailes e cancións, nos que, puidendo asistir de forma física ou a través da FILA 0, disfrutamos duns momentos marabillosos levados a cabo por mozos do colexio, e incluso xente de fóra que se quere unir á nosa causa.

Para máis fotografías, LADESOL 2015

0 comentarios:

Publicar un comentario