WEBs DE INTERÉS. Haz clik sobre ellas...

luns, 1 de xuño de 2015

III ENCONTRO DA RCES
 
Este ano o colexio participou no encontro da RCES que tivo lugar o 28 de Maio en Santiago de Compostela.









 
O pasado 28 de maio tivo lugar na Cidade da Cultura o III Encontro da Rede de Centros Escolares Solidarios, na que 110 alumnos/as e 12 profesores de 7 centros da rede compartiron proxectos, experiencias e iniciativas de gran valor educativo e impacto solidario.
 

A xornada iniciouse coa inauguración por parte de Alberto Otero Peña, subdirector xeral de Voluntariado e Participación e por parte de Felicitas Rodríguez González, xefa de departamento da Sociedade da Información. Despois da presentación puidemos ollar as micromovies elaboradas polo alumnado dos diferentes colexios que forman parte da rede, referidas a temáticas moi diversas: a etnia xitana, cooperación para o desenvolvemento, o bullyng e o consumo de drogas... onde se podía apreciar que o voluntariado xoga un papel crucial. Tamén se visionaron os spots solidarios realizados polos centros da rede e que son instrumentos para a dinamización do voluntariado.
Pola tarde, desenvolvemos o espazo interactivo aberto onde se daban a coñecer os proxectos dos centros, a realización das actividades solidarias a compartir, un mercado de troco, un World Café para o profesorado, e puidemos asistir a "Volunradio",programa de radio con entrevistas, información, publicidade solidaria .... que permitiu coñecer máis a RCES.
O encontro rematou coa grabación do videoclip da canción da RCES, "Móvete" composta por Paco Nogueiras.

Micromovie do Colexio: " O reto de Laura"
https://www.youtube.com/watch?v=CYYAaMKlL5E&feature=youtu.be
 
 
Máis fotos e información:
Lúa Dixital:
 

0 comentarios:

Publicar un comentario